Características da rede

A Rede de Recursos lingüísticos para unha Sociedade do Coñecemento (RELISCO) ten como principal obxectivo a creación dunha plataforma de recursos lingüísticos que permitan desenvolver as tecnoloxías imprescindíbeis na actual Sociedade do Coñecemento. Esta sociedade supón un avance con respecto á chamada Sociedade da Información, xa que se esta última se caracteriza pola dispoñibilidade a tempo real de información, a Sociedade do Coñecemento distínguese por promover a capacidade dos seus membros para crear, almacenar e trasmitir novos coñecementos.

A rede ten como obxectivo prioritario o establecemento dunha estrutura de funcionamento que permita interiorizar que o que fai cada grupo ten relación co que fan os demais; expor abertamente o que cada grupo necesita dos demais, o que enriquecerá a perspectiva de todos;  coñecer tanto as necesidades como os resultados dos outros grupos, o que poderá modificar os seus propios enfoques para obter máis proveito do traballo realizado. A rede está relacionada coa lingua, a comunicación, a sociedade do coñecemento e as TIC e require necesariamente de competencias multidisciplinares.

Os grupos traballan maioritariamente sobre o español, o galego e a lingua de signos española dende distintos enfoques e con diferentes finalidades, así como na
construción de recursos e tecnoloxías lingüísticas.


Novas

  • Reunión de investigación 18 de outubro O día 18 de outubro a rede RELISCO organizará unha reunión de investigación para todos os membros que queiran asistir que terá lugar ás 11.00h na sala Carballo Calero ...
    Publicado a las 16 oct. 2012 7:49 por Rede Galega de Recursos Lingüísticos para unha Sociedade do Coñecenmento
  • Conferencia 9 de outubro O próximo día 9 de outubro a rede RELISCO organizará unha conferencia na Aula de Graos da  Facultade de Informática da Universidade da Coruña, ás 18.00.Éric Villemonte de ...
    Publicado a las 4 oct. 2012 5:18 por Rede Galega de Recursos Lingüísticos para unha Sociedade do Coñecenmento
  • Conferencia 17 de outubro O próximo día 17 de outubro a rede RELISCO organizará unha conferencia no salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, ás 13h.Serge Verlinde (Universidad de ...
    Publicado a las 2 oct. 2012 10:13 por Rede Galega de Recursos Lingüísticos para unha Sociedade do Coñecenmento
  • Programa Xornada Universidade-Empresa 9 de xullo Xa está dispoñible o programa da xornada Universidade-Empresa sobre Minería de Opinión que terá lugar o 9 de xullo na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. As xornadas ...
    Publicado a las 4 jul. 2012 11:13 por Rede Galega de Recursos Lingüísticos para unha Sociedade do Coñecenmento
Mostrando entradas 1 - 4 de 19. Ver más »






Ver todo o calendario