Novas‎ > ‎

Avance de actividades para 2012

publicado a la‎(s)‎ 9 nov. 2011 3:18 por Rede Galega de Recursos Lingüísticos para unha Sociedade do Coñecenmento
Na última reunión do Comité Científico da rede, acordouse realizar en 2012 unhas Xornadas Universidade-Empresa no mes de xullo e dous Talleres de Investigación, o primeiro en marzo-abril e o segundo en xuño. Un dos talleres terá lugar na Coruña e o outro en Vigo, mentras que as xornadas terán lugar en Santiago de Compostela.

Os membros da rede comprometéronse a definir antes de fin de ano os temas de cada taller, así como os posibles investigadores de renome externos á rede que deberían ser invitados aos mesmos. Sobre os temas, barállanse diversas posibilidades, como son a minería de opinións, os corpus orais/visuais, a sintaxe de dependencias, os léxicos, a fonética, a recuperación de información, etc.
Comments