Novas‎ > ‎

Congreso LATA 2012

publicado a la‎(s)‎ 3 mar. 2012 7:55 por Miguel A. Alonso   [ actualizado el 3 mar. 2012 7:58 ]
O 6th International Conference on Language and Automata Theory and Applications (LATA 2012) terá lugar na Facultade de Informática de A Coruña do 5 ao 9 de marzo de 2012. Os congresos LATA son un evento científico anual donde se presentan traballos científicos no campo da informática teórica e as súas aplicacións cuxas actas son publicadas na serie Lecture Notes in Computer Science de Springer.

Os organizadores da edición deste año son o Grupo de Investigación en Lingua e Sociedade da Información (LYS) da Universidade da Coruña e o Research Group on Mathematical Linguistics (GRLMC) da Universitat Rovira i Virgili de Tarragona.

Na presente edición, á que asisten científicos de 20 países diferentes, preséntanse 41 ponencias, máis 3 conferencias invitadas e dous tutoriais invitados  impartidos por Eugene Asarin (Université Paris Diderot y CNRS, Francia), Bernard Boigelot (Université de Liège, Bélxica), Jack H. Lutz (Iowa State University,
 USA), Gilles Dowek (INRIA, Francia) y Rod Downey (Victoria University, Nova Zelanda)
Comments