Rede galega de Recursos Lingüísticos para unha Sociedade do Coñecemento (RELISCO)

Características da rede

A Rede de Recursos lingüísticos para unha Sociedade do Coñecemento (RELISCO) ten como principal obxectivo a creación dunha plataforma de recursos lingüísticos que permitan desenvolver as tecnoloxías imprescindíbeis na actual Sociedade do Coñecemento. Esta sociedade supón un avance con respecto á chamada Sociedade da Información, xa que se esta última se caracteriza pola dispoñibilidade a tempo real de información, a Sociedade do Coñecemento distínguese por promover a capacidade dos seus membros para crear, almacenar e trasmitir novos coñecementos.

A rede ten como obxectivo prioritario o establecemento dunha estrutura de funcionamento que permita interiorizar que o que fai cada grupo ten relación co que fan os demais; expor abertamente o que cada grupo necesita dos demais, o que enriquecerá a perspectiva de todos; coñecer tanto as necesidades como os resultados dos outros grupos, o que poderá modificar os seus propios enfoques para obter máis proveito do traballo realizado. A rede está relacionada coa lingua, a comunicación, a sociedade do coñecemento e as TIC e require necesariamente de competencias multidisciplinares.

Os grupos traballan maioritariamente sobre o español, o galego e a lingua de signos española dende distintos enfoques e con diferentes finalidades, así como na

construción de recursos e tecnoloxías lingüísticas.