RELISCO, patrocinador bronce de EACL 2012

Fecha de publicación: 26-mar-2012 17:29:07

RELISCO será patrocinador (categoría Bronce) de EACL 2012. Gracias a este patrocinio, RESLICO logrará visibilidade no contexto internacional.

EACL 2012 é o 13th Conference of the European Chapter of the Association for Computational Linguistics. Os traballos aceptados no congreso pasan un exhaustivo proceso de revisión cega por pares. Neles preséntase investigación orixinal e non publicada en todas as áreas da lingüística computacional, concebida en termos xerais para incluir disciplinas como a psicolingüística, a fala, a recuperación de información ou o procesamento da linguaxe multimodal.

Oscongresos da EACL teñen carácter internacional sen ánimo de lucro. EACL enorgullécese de manter tarifas moi baixas e asequibles a todos os investigadores. isto fai dos congresos da EACL unha das melloresoportunidades en Europa para o intercambio e o desenvolvemento de ideas recientes, orixinais e prometedoras en lingüística computacional. Todo isto non sería posible sen patrocinio.